O vindeiro sábado día 22 de xuño, celebraremos en Farmacia Pontevea unha merenda cortesía de Laboratorios Abott para presentar as mamás, papás e aos seus fillos de entre 2 a 10 anos, o novo produto para a nutrición infantil: Pediasure. Será ao longo da tardiña para disfrute dos máis pequenos e para ensinar as posibilidades dun produto que axuda a satisfacer as necesidades diarias de proteínas, vitaminas e minerais.
A merenda estará ambientada por unha contacontos (pendente de confirmar) e contará coa presenza do actor galego de moda Rubén Riós (protagonista de Vilamor e Libro de familia).
Para inscribirse:
Enviade un e-mail a info@farmaciapontevea.com indicando no asunto “Inscripción merenda Pediasure” e a seguinte información:
Nome de inscrición
Número de nenos que acudirán
Teléfono de contacto
