Por diversos motivos nos expoñemos a sufrir afonía, que corresponde á perda total ou parcial da voz. Esta pode darse por múltiples casos:
- Ambientes estridentes, berros, gritos, celebracións e festas…
- Fumar moito máis da conta.
- Temperaturas moi baixas e falta de abrigo na gorxa cunha garfanda, pano ou braga para o pescozo.
- Infección interna provocada pola inxesta dalgún alimento excesivamente frío.
Unha vez nos expoñemos a algúns destes factores que sinalamos anteriormente (hai moitos outros, mais estes son os principais) e acabamos por ter irritación na gorxa e afonía, existen algúns remedios naturais que poden axudarte a recuperar a voz. Entre eles, froitos secos coma as noces poden ser de moita axuda, así como froitas e froitos de cor laranxa, tales como a cenoura, a mandarina e a clementina, polo seu alto xugo e contido en vitamina C que axuda a reforzar o sistema inmunitario. Outros alimentos que tamén son recomendables son a cebolla e o allo, ainda que máis como condimento, quizais. Hai complementos vitamínicos enriquecidos en vitamina C… Redoxon é un deles.
Finalmente, os cantantes e artistas da voz, a miúdo fan gárgaras con auga tibia con sal para aclarar a súa voz e evitar o desgaste das súas cordas vocais e limpar dese xeito as cavidades bucais.
